Páginas

10/02/2012

Declárome sospeitoso!

É curioso este país que habitamos. Xa sabedes que aquí, en Galicia, non é moi habitual o de falar en galego. Porque xa sabedes que o galego é a lingua propia de Galicia que non se fala.
Iso convértenos aos galegofalantes en seres estraños. Tan rariños somos que ata nos fan sospeitosos de filiacións, filias, fobias, profesións... Xa só con dicir "bos días" deixas de ser "presunto" para pasar a ser culpable.
  • Tú no eres de aquí, ¿verdad? Es que como hablas gallego.
  • ¿Eres profe? De gallego, ¿no?
  • Tú votas al Bloque.
  • ¡Hablas gallego! ¿Eres de Orense?
  • Seguro que era de Lugo porque tenía acento gallego cerrado.
  • ...
Pero non chega con sermos sospeitosos de certas cousas. Iso ata ten o seu aquel. O que non é tan simpático é que os que falamos galego (ou temos acento galego) sexan sospeitosos de roubos e demais. Aquí tedes un artigo moi interesante sobre o asunto. Fixádevos en dúas cousiñas ben curiosas. A primeira é que todos os anacos que aí aparecen son do mesmo xornal. A segunda curiosidade está en que hai quen, sendo falante de galego, fai declaracións semellantes.
Calquera día véñenme buscar!!!