Páginas

05/01/2012

Proxecto Neo de Radio Burela

Unha boa noticia que podedes ler aquí. Neste programa de radio van falar dos "neofalantes".
Da noticia destaco este anaco:
No concello burelés, din dende o equipo de Proxecto Neo, é facil atopar exemplos de neofalantes “son persoas que viñeron de Valladolid, de Asturias, de Andalucía ou de Madrid, ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron aquí á Mariña e se integraron perfectamente“, comenta Bernardo Penabade. Tamén se inclúen neste grupo as persoas prodecentes das grandes cidades galegas e que foi cando chegaron a Burela cando se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego.
Dende Proxecto Neo, explican que os neofalantes existen en moitos lugares, pero o caso de Burela é mais destacado polas súas condicións sociolóxicas e de crecemento. Toda a xente recén chegada trouxo o seu contributo e fixo a súa aportación.

Dá que pensar, non si? E para alegrarse un pouquiño tamén, non?

3 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Ola Neo, Son unha das protagonistas Neo do Programa. Gustaríame saber de ti. Como podo contactar contigo?
    Saúdos.

    Karina. IES Perdouro.

    ResponderEliminar
  3. Ola!
    Moitas grazas pola atención. Supoño que o mellor é que che envíe un correo electrónico ao enderezo que aparece aquí, non?
    Un saúdo

    ResponderEliminar