Páginas

13/09/2011

Galego con acento andaluz

Hoxe, grazas á Carta Xeométrica, atopei esta fermosa testemuña dun neofalante. Lémbrame a unha experiencia moi próxima. Na miña familia hai un andaluz que chegou máis ou menos polo 2003 ata aquí. Pouco e pouco foi aprendendo o galego con gran esforzo (é que... con quen practico?) e agora "loita" por sacar adiante o CELGA 4. Vai por el e polo seu fermoso galego con acento andaluz.

1 comentário: