Páginas

19/08/2011

Con leche?

Se falades en galego, seguro que vos pasou. É ese efecto eco que teñen algúns camareiros por repetirche en castelán aquilo que pediches na túa lingua. Algo que non ocorre se falas en castelán. Facede a proba e pedide "un café con leche" e comprobaredes que ninguén volve preguntar "¿con leche?".
O de chamarlle a iso "efecto eco" non é cousa miña, é de Carlos Callón e ao respecto podedes atopar un moi bo artigo del no Galicia Hoxe. Tamén quedades con estoutra visión do mesmo. É a que dá Xosé María Lema no Xornal en respostaa un artigo de opinión aparecido en La Voz de Galicia. Seica ese eco en galego ("con leite?") sería algo de descortesía e mesmo soa a imposición.

2 comentários:

  1. Grazas pola referencia. Se me permites un matiz, ese artigo aparece (aínda que algo modificado, agardo que para ben) como un dos capítulos de "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" (Xerais, 2011), unha obra que penso que pode ser útil para este tipo de situacións.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Galego: Individuo condenado a vivir como un estranxeiro na súa propia terra. Forma de vida acceptada como normal pola maioría deles.
    Un saúdo

    ResponderEliminar