10/03/2012

Decepción e cabreo telefónico

1º PARTE: DECEPCIÓN

Vou cambiar de operador telefónico.Non está o tempo para gastar e quero aforrar un algo nas comunicacións.
Pero tamén está o asunto lingüístico. A empresa á que me cambio, galega, emprega con total naturalidade o galego. Ou iso pensaba... porque na tenda na que fun atendido non me falaron nin media en galego e os papeis que me entregaron estaban totalmente en castelan. As razóns? Non as sei.

2ª PARTE: CABREO

Chámanme da miña antiga compañía, Orange, para pedirme un código que me mandaran anteriormente. Así poderían informarme de non sei que ofertas.
A operadora pregunta por alguén cuxo nome estaba algo castelanizado. Despois de insistirlle bastante consigo que siga dicindo o mesmo nome algo alporizada me retruque con que xa me chamara ben. Eu xuraría que seguía teimando no iota, pero... Segue a conversa máis ou menos así:

-Podría indicarme el código, por favor?
-Si, cinco, cero, oito, sete, oito, cinco.
-Perdón?
-Cinco, cero, oito sete, oito, cinco.
-"Oito" es ocho?
-Si.
-Pues tanto le costaría decirme ocho en castellano?
-Mire, Orange non ten departamento de atención en galego?
-Pues no, estamos en España.
-Xa, pero creo que as empresas que dan servizo en Galicia deberían atender en galego.
-Se equivoca caballero...

Colguei. Xa sei que non é a mellor maneira. Pero a esa conclusión cheguei despois de darlle ao botón. Oíra de casos semellantes, pero era a primeira vez que me pasaba tal cousa. Entenden o "cabreo telefónico"?